TURISMO SOSTIBLE

Aldea do Mazo é o resultado dun Proxecto de Turismo Sostible

A principal característica e a proposta de valor de Aldea do Mazo é a súa total autonomía e dedicación exclusiva ó servizo do turismo. É polo tanto un conxunto rural de 1.500 metros de construción sostible e integrada en dúas hectáreas de natureza exuberante e silenciosa, dende onde descubrir a maxia do “último bosque galego”, O Courel.

Este espazo único, ademais da oferta de rutas de inmensa beleza para camiñantes, está adaptado para a realización de eventos de diferentes tipoloxías. A gran vantaxe e diferenciación de Aldea do Mazo é a posibilidade de poder gozar de todo este entorno dunha forma exclusiva, sen interrupcións, sen ningún outro contacto externo que non sexa a propia natureza, proporcionando ó visitante unha experiencia de paz profunda e unha sensación de estar en harmonía interior e, á vez, en conexión co exterior.

 

UNHA ALDEA TRANSFORMADA NUN PROXECTO VITAL

Facía máis de 25 anos que a aldea quedara abandonada e en ruínas, cando os actuais propietarios decidiron transformala no seu proxecto vital. Namorados do entorno único, pola súa beleza natural, o silencio que todo o asolaga e a paz que se respira, souberon respectar a súa autenticidade e esencia de forma coherente co medio ambiente onde está inmersa.

A rehabilitación integral de Aldea do Mazo realizouse preservando os elementos da arquitectura popular do Courel.

 

 No val do río Pequeno, entre fragas e soutos centenarios

A aldea emerxe de forma natura, sen distorsión ningunha, no val do río Pequeño, entre bosques centenarios, onde os anciáns castiñeiros ofrecen unha silenciosa e continua invitación á sombra da súa copa, para escoitar o canto dos seus paxaros e deleitarse coa murmurio do limpo río que da vida a todo.

Una construción de pedra do século XVII

A rehabilitación integral da Aldea do Mazo realizouse preservando os elementos da arquitectura popular do Courel. O mazo é unha construción de pedra do século XVII. O seu nome ven dado polo “mazo” que se utilizaba para machucar o ferro. Transportábase a auga dende o Río Pequeño, que pasaba por unha presa artificial ó interior do mazo. A forza da auga movía as aspas e así accionaba o mazo para conseguir a súa función.

Hoxe en día, tras a súa total rehabilitación, Aldea do Mazo segue baseándose en enerxías sostibles para o seu acondicionamento e mantemento. Así, utilízase a enerxía solar para obter auga quente e para climatizar a piscina, os fornos de leña recuperados, así como a grella, tamén de leña, son a base principal da cociña autóctona que ofrece o restaurante.

As construcións da aldea respectan a arquitectura popular do Courel e nelas tivéronse en conta aspectos sostibles na construción, como o emprego de materiais locais, principalmente a pedra e a madeira, que contribúen ó seu illamento térmico e acústico.

Os xardíns sostibles son unha prolongación da propia natureza que respectan a orografía do Courel e chegan a aldea rural coas súas plantas, regatos, fontes e pozas, onde croan as ras, bailan as libeliñas e se bañan os paxaros mentres pían…

Aldea do Mazo constitúe un proxecto de turismo sostible innovador, xa que está exclusivamente dedicada a todas aquelas persoas que buscan un espazo único para actividades turísticas, xa sexan de desenvolvemento persoal ou empresarial, pero todas cun nexo común: o encontro co silencio e a natureza para a obtención dunha maior conexión co corpo, a mente e a alma.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies