SENDEIRISTAS

Sumerxindonos nunha paisaxe natural e paseando ante pisos de vexetación e impresionantes montañas rodeadas de castiñeiros centenarios

Se amas o sendeirismo e tes un grupo que busca lugares novos por descubrir, Aldea do Mazo é o teu novo destino.

Porque está situado na Serra do Courel, que ten unha extensión de máis de 21.000 hectáreas e ofrece interesantes variacións de altitude. Dende os 400-500 metros do val orixinado polo Río Lor ata os máis de 1.600 m de altura en puntos como Montouto, Formigueiros (1643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1610 m).

Dende o punto de vista xeolóxico e orográfico, a Serra do Courel ofrece e profundos vales, unha vexetación onde alternan os bosques atlánticos cos mediterráneos, batuxados por cumes elevadas onde poñerse a proba e gozar da magnificencia da natureza.

A Serra do Courel é a reserva botánica máis importante de toda Galicia, posto que o río Lor, que a percorre, e os seus diferentes afluentes, orixinan vales con distintos ecosistemas que regalan o camiñante unha visión da flora única na zona: acivros, amieiros, abeleiras, castiñeiros, freixos, faias, carballos e teixos, … entre os que habita unha diversa fauna.

Dende a Aldea do Mazo terás acceso a máis de 90 quilómetros  de rutas de sendeirismo sinalizadas, e entre as que destacan a do Río Pequeño, Sequeiros de Mostad ou a Devesa de Rogueira, a gran xoia natural de Galicia, un bosque autóctono onde comparten hábitat as especies orixinarias da zona con outras mediterráneas como as enciñeiras, sobreiras e incluso oliveiras.

Se xa estás organizando a túa ruta no Courel mentalmente, interésache saber que dispoñemos dun servizo de lavandería para que sempre teñas seca e a punto a túa roupa de sendeirismo. E tamén che preparamos  merendas equilibradas para camiñantes, ademais de almorzos ricos en hidratos de carbono para coller enerxía antes da partida.

En Aldea do Mazo, vainos encantar recibir ó teu grupo de sendeirismo para axudarvos a descubrir o lugar do que nos namoramos: O Courel

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies