ALDEA DO MAZO UN CONCEPTO INNOVADOR E DIFERENTE

Na Aldea do Mazo non hai recunchos iguais, cada un conta cunha historia que conduce ó corazón do Courel. Aldea do Mazo destaca pola súa forza, polo seu encanto e pola súa alma, reflexo dun paraíso que fusiona a natureza cos servizos dos aloxamentos máis vangardistas.

Apartamentos

A arquitectura tradicional espírito da nosa “Aldea do Mazo” sen renunciar ás últimas tendencias de confort e benestar modernas. Os nosos apartamentos proporcionan unha experiencia única nun entorno vivo, un entorno rural en sintonía cos primeiros habitantes do lugar.

Restaurantes

Goza da mellor gastronomía tradicional cos produtos de tempada e proximidade, envolto por unha paisaxe de frondosos bosques que farán da experiencia algo único. Coa posibilidade de personalizar o menú para grupos, incluíndo alta cociña, macrobiótica e vegana.

Piscina climatizada

Un luxo ó alcance de tódolos nosos clientes, dispoñible dende o 6/04/2018 ao 28/10/2018, onde poderás nadar en augas cálidas mentres contemplas as nosas montañas do Courel.

A Cova

Incrustada na montaña, a cova é un espazo polivalente e tecnoloxicamente equipado, con capacidade de ata oitenta persoas en función do formato. Adaptable ó desenvolvemento de conferencias e congresos, así como tamén para actividades de crecemento persoal: retiros de ioga e meditación.

 

Zona de encontro

Toda aldea necesita un lugar de ocio, neste espazo poderás deixarte levar ata o amencer … Espazo para festas, reunións e chácharas con todas as prestacións que terías en calquera local de ambiente da túa cidade, eleva a túa festa a 670 metros de altitude.

O Observatorio

O auditorio/observatorio é un espazo perfecto para a celebración de vodas nun entorno natural e pola noite permite observar as estrelas nun dos ceos con menos contaminación lumínica da península. A súa situación privilexiada encantarán os teus momentos convertendo as actividades ó ar libre en experiencias máxicas e irrepetibles.

Wifi

Soamente se prefires seguir conectado ó resto do mundo

Terrazas y jardines

Un lugar de encontro ou de recollemento persoal.

Parking privado

Sabemos que cada cousa debe ter o seu sitio

Lavandería

Porque sabemos que nos visitas sen compromisos

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies