REUNIÓS DIFERENTES EN PLENA NATUREZA

Realizar a túa xuntanza de empresa en Aldea do Mazo é o primeiro paso cara un bo resultado

Cada vez máis empresas comprenden a importancia de levar ós seus equipos fóra da oficina para poder romper cos hábitos diarios e poder ter novos enfoques e puntos de vista sobre os retos ós que se enfrontan.

Realizar a túa xuntanza de empresa en Aldea do Mazo é o primeiro paso cara un bo resultado. Tanto se é unha reunión estratéxica ou de coaching, unha convención, unha presentación orixinal, un teambuilding, unha formación ou unha inmersión en calquera disciplina ou técnica… optimizarás o teu investimento. Porque o entorno de gran beleza, silencio, e tranquilidade fomentan a capacidade de concentración, de máxima escoita, de conexión con un mesmo e co grupo e permite que todas as persoas se xunten en pos dun obxectivo común, maior que a propia individualidade.

Os diversos espazos de reunións de empresa e eventos corporativos de Aldea do Mazo, cunha capacidade de acollida de ata 80 persoas, en función do formato, adáptase a tódalas necesidades.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies