CRECEMENTO PERSOAL

Un espazo para realizar actividades de crecemento persoal, ioga, meditación, obradoiros e cursos… .

Se estás buscando un espazo para realizar actividades de crecemento persoal co teu grupo, xa sexan retiros de ioga e meditación, obradoiros ou cursos de terapias concretas, Aldea do Mazo reúne tódalas características para este fin.

A Cova da Aldea do Mazo é un espazo polivalente que foi concibido como un centro para o crecemento persoal, onde a práctica de ioga e a meditación se converten nunha experiencia única.

Soterrada na montaña, a Cova recibe toda a enerxía dos soutos ancestrais dende as súas amplas ventás contémplase a inmensa beleza do entorno natural, e está insonorizada acusticamente con materiais naturais, como a pedra e a madeira. Nas tempadas máis frías, a cheminea de leña aporta confort e calor. Pode acoller a 25/30 persoas para a práctica do ioga e a meditación.

O observatorio da Aldea do Mazo é outro espazo incomparable para a práctica da meditación nocturna. É un lugar aberto, libre de contaminación luminosa, para a observación do ceo limpo e claro do Courel, un enclave único onde contemplar o universo en todo o seu esplendor.

Os exteriores da Aldea do Mazo están cheos de recunchos onde é posible continuar co traballo de desenvolvemento persoal, ó carón do río xunto ó murmurio da auga, debaixo dun castiñeiro centenario, conectado coa Nai Terra en toda a súa dimensión.

En Aldea do Mazo, non existen límite, agás os que cada un desexe establecer.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies