CELEBRACIÓNS

Aldea do Mazo, un espazo único onde materializar as túas ilusións

CELEBRACIONS E VODAS NA NATUREZA

Todas as persoas temos cousas que festexar, momentos especiais que requiren de espazos únicos para vivir esas experiencias que ó fin nos conforman e definen a nosa vida.

Tanto se é unha voda orixinal, como un aniversario ou encontro especial entre amizades, en Aldea do Mazo ofrecémosche todos os ingredientes que necesitas para que a túa celebración teña o éxito co que soñas.

Porque dispós de toda unha aldea rural sostible para a túa voda ou celebración, en plena natureza, percorrida por ríos e regatos e rodeada de bosques centenarios que transmiten harmonía e paz para ese día especial.

Porque Aldea do Mazo conta con restaurante propio, con gastronomía de calidade, e adaptámonos ás túas necesidades: cociña local fusionada coas últimas tendencias, cociña vexetariana e/ou vegana…

Imaxínao cunha posta en escena orixinal e nova que combina espazos interiores e exteriores. Con weddingplanner, eventplanner ou coa túa propia creatividade e deseño. Ti elixes.

Se estás buscando ese lugar único que chegue a emocionar a todas as persoas asistentes á túa celebración ou voda, Aldea do Mazo é a sorpresa que queres ofrecer.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies